Novas

Info
25 Outubro 2016

Andaina e conferencia para o sábado, 29 de outubro

ANDAINA

O Centro de Estudos Chamoso Lamas e o Grupo Ecoloxista Outeiro, organizan para o vindeiro sábado día 29 de outubro unha ruta guiada pola zona arqueolóxica do Monte Molín, situada entre as parroquias de Brués e Moreiras, no Concello de Boborás. Ao longo de 5 km arqueólogos e naturalistas explicarán os efectos do lume sobre o solo, a vexetación e os propios xacementos arqueolóxicos. O roteiro comezará ás 10 da mañá e terá como punto de encontro a igrexa parroquial de Brués.

CONFERENCIA

Seguindo coas actividades de divulgación, o mesmo sábado ás 19 hora, na casa da Cultura do Concello do Carballiño, terá lugar a conferencia titulada “Incendios forestais: a marea negra dos montes galegos”, a cargo de D.Serafín González Prieto, Presidente da Sociedade Galega de Historia Natural e investigador do CSIC.

Descargar arquivo