Torques de honra Almanaque Agrícola

Prezadas/os amigos e compañeiros:

Neste recuncho onde se escoita o silencioso latexo da natureza, coma di o himno: “do teu verdor cinguido”,…..debullando no tempo…..A pesares de non ollalo sol claro polas nubes estes días, empezámolo a imaxinar pola calor que vai entre tanta xenerosidade coa que nos atopamos hoxe, e por iso queremos agasallar a quen o ten ben merecido coa entrega do premio “Torques de Honra Chamoso Lamas”; o noso maior agasallo.

Con Chamoso Lamas coma referente, e dende a súa creación e constitución oficial, no ano 1994, o Centro de Estudios Chamoso Lamas desenrola unha intensa actividade científica sobre a Comarca do Carballiño e do Ribeiro dende a multidisciplinariedade (a Historia, Xeografía, Arquitectura, Arte, Climatoloxía, Medio Ambiente, Etnografía, Dereito, Literatura, Educación, Socioloxía, Ciencias Políticas, etc) con especialistas nestas temáticas co fin de investigar, estudar, divulgar, protexer, xerar opinión e especialmente riqueza sobre o noso patrimonio e cultura, a través de proxectos de investigación, monografías, revista anual Argentarium, exposicións, congresos, e tamén coma hoxe, homenaxear a quen son merecentes do noso maior agasallo: o “Torques de honra Chamoso Lamas 2009”; Un premio feito con moito agarimo polo artesán Pepe Osorio no seu taller de “Moa” en Allariz de esmalte (a base de grano de vidro moído) coma no Medievo a uns 800 grados de temperatura aproximadamente.

Procedo a lectura da Acta: o Centro de Estudios Chamoso Lamas, na Asamblea extraordinaria celebrada o 19 de novembro de 2011, resolveu otorgarlles, por unanimidade, o PREMIO TORQUES DE HONRA CHAMOSO LAMAS 2011, Á PUBLICACIÓN ALMANAQUE AGRÍCOLA, pola súa contribución coa cultura galega.

Por iso no distintivo que vos imos entregar neste acto fai mención: “ós bos e xenerosos”.

Alá por mediados do século pasado, O conselleiro da empresa e un dos fundadores, Antonio Fernández López, apoia a iniciativa do directivo Fidelis Lacouto e do técnico Ismael Sierra Franco e en 1953 a primeira edición do Almanaque Agrícola ZZ sae á rúa, no popular formato de calendario. Estamos ante unha das poucas publicacións periódicas de Galicia e escritas en galego cunha vida tan dilatada. Son 58 anos ofrecendo ininterrompidamente información sobre as tarefas agrícolas, climatoloxía, refraneiro, axenda de feiras, festas populares, gastronómicas e romarías, ciclos lunares, estudos agrarios, e unha bagaxe de cultura popular, intelectualidade, avances científicos, sen esquecer a súa función primixenia: o medio de propaganda máis efectivo dunha empresa como Zeltia nos seus primeiros pasos, que hoxe en día aínda convive nos estudos de mercado e mercadotecnia dunha multinacional como Syngenta S.A.

Esta publicación é capaz de trasladarnos o imaxinario galego cos seus anacos do pasado (Botánica forestal, Árbores monumentais), anacos da cultura (oficios, patrimonio), as novas castes de vide, refráns, santorales, efemérides, lúas, festas de interese gastronómico, valor dos ferrados galegos e outras medidas locais, etc, que hoxe queremos honrar, agradecer e darlle pulo para que continúe esta imprescindible tarefa, sendo eu hoxe, coma Presidenta, a que teña o privilexio de ser quen faga os honores.

Desexamos estos se-los vimbios que entrelazados fornezan ideas, debates e tamén consensos poñendo os alicerces para futuras investigacións. Tamén que a estancia nestas terras foran, e sexan capaces de alimentar os vosos ollos para soñar de noite. Que voltedes a esta fermosa terra con tan saborosa gastronomía, tan bo pulpo e viño, malia que non agardo asemellarme ó adegueiro do relato quevedesco que proclamaba a súa catolicidade por “bautizar” o viño que vendía.

Sabede pois que contades cun grupo de amigos que vos agarda para darlle pulo ás vosas inquedanzas e ós vosos éxitos, para disfrutar, para imaxinar, ilusionar, e soñar. Moitas grazas polo agasallo que é o Almanaque galego. Moitas grazas.

Rosa María Ricoy Casas

 

Galería

Para ver a galería de fotos so temos que premer en cada foto e esta ampliarase