Novas

Novas

Filtro
Info
20 Xuño 2017

Rosa Ricoy, Premio á innovación docente da Asociación Española de Ciencia Política

A nosa compañeira do Centro de Estudios Chamoso Lamas, Rosa Mª Ricoy Casas, vén de ser galardoada co Premio á innovación docente da Asociación Española de Ciencia Política como recoñecemento ó seu traballo nun proxecto educativo no que mestura o ameno co científico como xeito de atraer o interés do alumnado e mergullalo no proceso formativo dun xeito distinto pero sen perder o carácter reflexivo e educacional do sistema docente universitario. Rosa Ricoy foi durante catro anos Presidenta do C.E. Chamoso Lamas e, actualmente, ocupa o posto de profesora da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación e coordinadora do grao en Dirección e Xestión Pública da Universidade de Vigo. Os nosos parabéns.

Info
25 Xaneiro 2017

A Axencia Estatal de Meteoroloxía publica un traballo de Miguel García e Diego Reboredo

O Calendario Meteorológico de 2017, publicación de referencia da información climátolóxica e meterolóxica de España, publica na súa última edición -saída do prelo hai uns días- un traballo baixo o título de  "El observatorio de O Carballiño (Ourense): tres décadas de estudios meteorológicos y fenológicos" do que son autores os membros do Centro de Estudios Chamoso Lamas, Miguel A. García Pérez e Diego Reboredo Prado. O contido do mesmo é o froito da investigación levada a cabo polos dous compañeiros sobre os dados recollidos ó longo de máis de 30 anos sobre a climatoloxía e a fenoloxía no Carballiño e no que se pretende demostrar a posible interrelación existente entre as variables das dúas series.

Para a nosa comarca, e especialmentel para o noso colectivo, supón un chanzo máis no recoñecemento das súas potencialidades e, dun xeito especial, do bon facer dos seus investigadores ó seren incluídos nunha prestixiosa publicación que transcende máis aló das fronteiras do Estado e que pon en valor o traballo calado, rigoroso e sacrificado do día a día xunto ós máis renomeados e prestixiosos investigadores. Parabéns, compañeiros.

Descargar arquivo
Info
22 Marzo 2016

Visita de membros da Asociación de Guías das Illas Atlánticas

Membros deo Grupo Ecoloxista Outeiro e Centro de Estudios Chamoso Lamas amosaron esta fin de semana o noso patrimonio arqueolóxico, etnográfico e natural a 25 membros de AGAIA (Asociación de Guías Acreditados do Parque Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia), que quixeron nesta primeira xornada visitar a comarca do Carballiño.

Os compañeiros Jorge Lamas,  Diego Reboredo e Juanjo Alvarez mostraron ós convidados a riqueza arqueolóxica das terras de Beariz, comezado pola monumental necrópole megalítica de Garfian, onde aínda podemos ver varias tumbas de fai 6000 anos. Seguindo polo camiño da montaña puideron ver a carballeira de Doade, con importante riqueza medio ambiental e etnográfica, que áínda conserva a súa tradicional feira. Continuaron visitando a Mámoa de Xirazga, situada á biera da capela de Santo Domingo e, posteriormente, a aldea de Ricovanca, coa súa vella ponte e muíño, mostras extraordinarias da arquitectura popular.

Os membros de AGAIA, moi satisfeitos coa visita, incluirán o aprendido nos roteiros interpretativos que realizarán no veránl.

Descargar arquivo
Info
6 Febreiro 2016

Presentación da revista Argentarium

Diante dunha boa concurrencia, o Salón de Actos do Casino do Carballliño, acolleu o acto da presentación pública do número 6 de Argentarium. Despois dun fermoso introito musical de piano, Jorge Lamas, Miguel García e Xosé Luis Sobrado, foron os encargados de ir presentando ó público cada un dos 15 traballos de investigación que compoñen este número. Subliñar, unha vez máis, a vocación divulgativa -sen faltar nunca ó rigor científico- que esta revista ten demostrado ó longo dos números publicados dende a súa aparición deica ó día de hoxe.Despois deste repaso polo seu contido, abreuse un interesante coloquio entre o público asistente que prolongou o acto e posibilitou o intercambio de pareceres e de suxestións. Por parte o Centro de Estudios Chamoso Lamas, o nos agradecemento ós asistentes e o compromiso de que, dende agora, trataremos de que a revista saia publicada anualmente.

Dende agora pode ser adquirida nas librerías Castro e Escolma ó prezo de 15 euros.

Descargar arquivo
Descargar arquivo
Info
8 Decembro 2015

Entrega do Torques de Honra ó Museo Etnolóxico de Ribadavia

O vindeiro día 18 de decembro, ás 20,30 horas, no restaurante A Fuchela do Carballiño, faremos entrega nun acto solemne ó Museo Etnolóxico de Ribadavia do noso Torques de Honra como entidade galardoada nesta V Edición. Esta institución valora o traballo a prol da defensa, conservación e difusión da nosa cultura levados a cabo ó longo dos perto de 50 anos transcurridos dende a súa fundación. Nestes anos, o museo leva recollido unha importante mostra de pezas procedentes desa Galicia que se nos vai, especialmente do mundo do viño e da industria rural, acompañada por un dos mellores fondos fotográficos e orais do noso país sendo, ó tempo, un elemento activo na difusión social e elemento dinamizador de actividades que acheguen o mundo dos museos ó público en xeral. A decisión unánime dos membros do Centro de Estudios Chamoso Lamas nesta elección avala e valora a proposta de recoñecemento a esta entidade.

Info
23 Xullo 2015

Novas andainas culturais

Como saberedes, as andainas guiadas previstas para meses pasados a Garabás e Castro Cavadoso foran suspendidas polo mal tempo. Agora, temos acordado a súa celebración nas seguintes datas:

-Roteiro de Maside: día 23 de agosto. Punto de encontro e saída: Eirexa de Garabás, ás 9,30 horas.

-Visita a Castro Cavadoso: 13 de setembro. Saída ás 10 horas dende o Campo do San Benito, xunto á igrexa de Moldes.

Agardamos a vosa presenza.

Info
20 Maio 2015

Exitosa conferencia en Partovia

O pasado sábado, día 16 de maio, no local social da Asociación de Veciños de Partovia, coa presenza de máis de 150 persoas, os nosos compañeiros do Centro de Estudios, Juanjo Álvarez e Jorge Lamas, disertaron durante máis dunha hora sobre a prehistoria e historia desa parroquia para, posteriormente, facer unha demostración de arqueoloxía experimental centrada, neste caso, no uso das primitivas armas empregadas polos nosos devanceiros para a caza e a guerra. Como vén sendo xa haitual, un éxito destes dous compañeiros e o noso agradecemento e parabéns á directiva desa Asociación veciñal por este tipo de eventos que serven para dar a coñecer o noso pasado.

Descargar arquivo
Descargar arquivo
Info
14 Abril 2014

O Centro de Estudos Chamoso Lamas presenta o seu congreso bienal

Desenvolveráse do 16 ao 18 do vindeiro mes de Maio. Nesta novena edición baixo o titulo " O home e o medio: verbo conxugado, pasado, presente e futuro na investigación".

Miguel García, Secretario da asociación destacou que o congreso orientase, cada vez máis, á investigación sobre temáticas do ámbito comarcal.

Asi, nesta novena convocatoria do congreso, presentaránse relatorios como o de Óscar Gonfer sobre "O plan Poché aplicado á Veracruz e demáis espazos públicos". "Sobre novos descubrimentos de vellos xacementos arqueolóxicos" falarán Juan José Álvarez e Jorge Lamas.

Noutro relatorio abordaránse "As referencias medievais á actúal vila do Carballiño", que presentará neste congreso o historiador Xosé Luis Sobrado.

O tamén historiador local Juan Manuel Rodríguez relatará sobre "Conflicto, poder e privilexio: o mosteiro de Oseira no Outono da idade media".

Juan Ignacio García participará no congreso co relatorio "Imaxes, elementos decorativos e simbólicos da comarca do Carballiño". E xa finalmente, en canto a relatorios que tratarán temáticas locais, estará o de Francisco Fumega, sobre "Factores ambientais e construcción do territorio: o caso do val do Arenteiro".

Info
22 Abril 2012

Notas de prensa VIII Congreso o home e o medio

O VIII Congreo Chamoso Lamas versará sobre a crise e a investigación. Varias son a novidades que se presentan na octava edición do congreso bianual Chamoso Lamas de O Carballiño. A primeira de elas ten que ver coas datas, traslada a súa celebración da Semana Santa aos días 16,17 e 18 de maio pola petición de moitos participantes. Varía o lugar e trasládase o Hotel Arenteiro, máis céntrico. Nesta ocación o tema principal do congreso será a situación de crise tanto económica como de valores.

Descargar arquivo
Descargar arquivo
Descargar arquivo
Info
20 Decembro 2009

El centro de estudios Chamoso Lamas honra a los creadores del Museo Liste

La Casa de Cultura de O Carballiño se convirtió en la tarde de ayer en escenario de la entrega de los Torques de Honra Chamoso Lamas, unos premios que el centro de estudios creó el pasado año y que en esta segunda edición recayó en Olimpio Liste y Josefina Fernández como reconocimiento a su labor en favor de la recuperación y revalorización del patrimonio etnográfico durante más de cuarenta años, a través del Museo Olimpio Liste de Oseira.

Ligazón a La voz de Galicia

 

Páxinas