Torques de honra Torques de Honra 2015

O Centro de Estudios Chamoso Lamas do Carballiño, fíxo entrega nun acto solemne ó Museo Etnolóxico de Ribadavia do Torques de Honra 2015 co que, cada dous anos, este colectivo trata de recoñecer o traballo de persoas e entidades implicadas na conservación, difusión e recuperación do noso Patimonio.

O Centro de Estudios Chamoso Lamas valora neste caso o traballo a prol da defensa, conservación e difusión da nosa cultura levados a cabo ó longo dos perto de 50 anos transcurridos dende a súa fundación. Nestes anos, o museo leva recollida unha importante mostra de pezas procedentes desa Galicia rural que se nos vai, especialmente do mundo do viño e da industria rural, acompañada pola creación dun dos mellores fondos fotográficos e orais do noso país sendo, ó tempo, un elemento activo na difusión social e un importante elemento dinamizador de actividades que acheguen o mundo dos museos ó público en xeral.

O acto comezou coa intervención do arquitecto e profesor Manuel Seoane que pronunciou unha interesante conferencia na que, partindo de lembranzas da súa vida, loubou o fundamental papel dos museos na sociedade, para rematar coa súa visión do concepto arquitectónico da rectoral de Campo Redondo como sede do Museo do Viño de Galicia, do que el é autor do proxecto de rehabilitación  Pola súa parte, o director do museo Xosé Carlos Sierra agradeceu en nome da institución este galardón, recordando a necesidade de que os museos sigan sendo vivos, e para elo precísanse equipos humanos que investigan, recollen e lle devolven ao pobo ese saber, que en definitiva son os donos del.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *