XIV ANDAINA NOCTURNA

XIV ANDAINA NOCTURNA AOS PETRÓGLIFOS DE CANGUES, O VENRES 31 DE XULLO

O Carballiño, 5 de xullo de 2026.- O Centro de Estudios Chamoso Lamas organiza o venres 31
de xullo, unha nova andaina nocturna aos petróglifos de Cangues. É o décimo cuarto ano que
se celebra esta actividade dirixida a promover a divulgación e posta en valor do importante
patrimonio arqueolóxico da comarca do Carballiño, e que reuniu en cada unha das últimas
edicións preto dun cento de persoas de todas as idades.

Trátase dun percorrido duns 5 kilómetros de ida e volta para observar á luz das lanternas os
grabados rupestres das rochas do parque castrexo de Cangues, no concello do Irixo, que estará
guiado polo arqueólogo Jorge Lamas e Adolfo Otero, integrantes da entidade cultural
carballiñesa.

O punto de partida será o campo da festa de Madarnás, fronte ao local da asociación de
veciños desta parroquia, ás 22,00 h, debendo acudir a este lugar a partir das 21,30 h.
Recoméndase levar lanternas, chalecos reflactarios, calzado cómodo e roupa de abrigo.

A inscrición é gratuita e pedimos inscribirse na páxina web do Centro de Estudios Chamoso
Lamas, ou no correo: secretaria@centroestudioschamosolamas.com, ata o luns 20 de xullo,
indicando o número de participantes en cada caso.

Nesta edición, ademais das explicacións arqueolóxicas de Jorge Lamas, imos contar coa
colaboración dun experimentado afeccionado en astronomía, que dende a privilexiada
situación xeográfica do auteiro do campo arqueolóxico de Cangues nos falará da composición
das estrellas e demais corpos celestes.

Ao termo da andaina, que conta coa colaboración da Asociación de Veciños de Madarnás, do
Concello do Carballiño e do Concello do Irixo, haberá unha queimada no local da asociación
veciñal.

SAÚDOS. COMUNICACIÓN CENTRO DE ESTUDIOS CHAMOSO LAMAS.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *