Historia

Con vocación de dedicar a súa actividade á investigación e promoción dos distintos aspectos que conforman as actuais comarcas do Carballiño e O Ribeiro, naceu no mes de maio do ano 1994 o Centro de Estudios “Chamoso Lamas”.

Partindo de cero, grazas ao traballo dos seus membros e á impagable axuda de moitas persoas, hoxe a entidade ten de seu unha completa Sede Social ubicada na chamada “Casa da Bexanca”, sita na parroquia de Cabanelas (O Carballiño), onde nun espazo de concepción funcional recuperando unha vella construción do século XVIII e pensado para facilita-lo traballo dos investigadores, están concentradas as salas dedicadas a biblioteca, arquivo, sala de xuntas e área de traballo onde as diferentes seccións que compoñen esta institución dispoñen así dun lugar axeitado para a materialización dos seus proxectos.

Nestes anos, son abondosas as mostras do seu traballo que se teñen reflectido en diversas actuacións encamiñadas a ese antedito fin de promocionar e divulga-lo estudio destas terras: exposicións, elaboración de roteiros, conferencias, folletos divulgativos, pequenas publicacións, etc. Pero, como aspectos máis suliñables e de maior transcendencia na traxectoria do colectivo, pensamos que a nosa revista Argentarium -ademais dos seus números anexos publicados- e, de xeito especial, a realización dos Congresos do Home e o medio en estreita colaboración coa Universidade de Vigo, confirman ó Centro de Estudios como unha entidade consolidada e de innegable carácter científico que, dende un ámbito local –noon localista-, non escapa ás visións que transcenden máis aló da súa propia orixe comarcal.

Biblioteca
Máis de 6.000 volumes de diversas materias especialmente relacionadas coa temática multidisciplinar do Centro de Estudios. Está reservada para uso exclusivo dos membros do colectivo, aínda que –previa petición por escrito e autorización- pode ser consultada por particulares.

Arquivo Documental
Documentos de orixe privada dende o século XVI relacionados coas terras do Carballiño. Algunhas das Coleccións están dixitalizadas.

Colección dixitalizada de documentos galegos da Idade Media. Son un total de máis de 5.000.

Arquivo de imaxe
Nela recóllense diversas estampas da vida cotiá procedentes de varias coleccións fotográficas e doutras que o propio Centro está recollendo. Está completamente dixitalizada. Completa este arquivo unha escolma de videos que teñen que ver con estas terras.

Estrutura estudos: 

Sección: 

Arqueoloxía

Responsable: 

Juan José Álvarez

Sección: 

Arquitectura

Responsable: 

Óscar Gónfer

Sección: 

Arte

Responsable: 

Juan M. Rodríguez Rodríguez

Sección: 

Historia

Responsable: 

Xosé L. Sobrado Pérez

Sección: 

Xeografía

Responsable: 

Francisco Fumega Piñeiro

Sección: 

Literatura

Responsable: 

Xosé Fernández Fernández

Sección: 

Ciencias

Responsable: 

Miguel A. García Pérez

Sección: 

Heráldica

Responsable: 

José Ricardo Rodríguez Pérez