Prensa

Prensa

Visita de membros da Asociación de Guías das Illas Atlánticas

Membros deo Grupo Ecoloxista Outeiro e Centro de Estudios Chamoso Lamas amosaron esta fin de semana o noso patrimonio arqueolóxico, etnográfico e natural a 25 membros de AGAIA (Asociación de Guías Acreditados do Parque Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia), que quixeron nesta primeira xornada visitar a comarca do Carballiño.

Entrega do Torques de Honra ó Museo Etnolóxico de Ribadavia

O vindeiro día 18 de decembro, ás 20,30 horas, no restaurante A Fuchela do Carballiño, faremos entrega nun acto solemne ó Museo Etnolóxico de Ribadavia do noso Torques de Honra como entidade galardoada nesta V Edición. Esta institución valora o traballo a prol da defensa, conservación e difusión da nosa cultura levados a cabo ó longo dos perto de 50 anos transcurridos dende a súa fundación.

Novas andainas culturais

Como saberedes, as andainas guiadas previstas para meses pasados a Garabás e Castro Cavadoso foran suspendidas polo mal tempo. Agora, temos acordado a súa celebración nas seguintes datas:

-Roteiro de Maside: día 23 de agosto. Punto de encontro e saída: Eirexa de Garabás, ás 9,30 horas.

-Visita a Castro Cavadoso: 13 de setembro. Saída ás 10 horas dende o Campo do San Benito, xunto á igrexa de Moldes.

Agardamos a vosa presenza.

Exitosa conferencia en Partovia

O pasado sábado, día 16 de maio, no local social da Asociación de Veciños de Partovia, coa presenza de máis de 150 persoas, os nosos compañeiros do Centro de Estudios, Juanjo Álvarez e Jorge Lamas, disertaron durante máis dunha hora sobre a prehistoria e historia desa parroquia para, posteriormente, facer unha demostración de arqueoloxía experimental centrada, neste caso, no uso das primitivas armas empregadas polos nosos devanceiros para a caza e a guerra.

O Centro de Estudos Chamoso Lamas presenta o seu congreso bienal

Desenvolveráse do 16 ao 18 do vindeiro mes de Maio. Nesta novena edición baixo o titulo " O home e o medio: verbo conxugado, pasado, presente e futuro na investigación".

Miguel García, Secretario da asociación destacou que o congreso orientase, cada vez máis, á investigación sobre temáticas do ámbito comarcal.

Asi, nesta novena convocatoria do congreso, presentaránse relatorios como o de Óscar Gonfer sobre "O plan Poché aplicado á Veracruz e demáis espazos públicos". "Sobre novos descubrimentos de vellos xacementos arqueolóxicos" falarán Juan José Álvarez e Jorge Lamas.

Notas de prensa VIII Congreso o home e o medio

O VIII Congreo Chamoso Lamas versará sobre a crise e a investigación. Varias son a novidades que se presentan na octava edición do congreso bianual Chamoso Lamas de O Carballiño. A primeira de elas ten que ver coas datas, traslada a súa celebración da Semana Santa aos días 16,17 e 18 de maio pola petición de moitos participantes. Varía o lugar e trasládase o Hotel Arenteiro, máis céntrico. Nesta ocación o tema principal do congreso será a situación de crise tanto económica como de valores.

El centro de estudios Chamoso Lamas honra a los creadores del Museo Liste

La Casa de Cultura de O Carballiño se convirtió en la tarde de ayer en escenario de la entrega de los Torques de Honra Chamoso Lamas, unos premios que el centro de estudios creó el pasado año y que en esta segunda edición recayó en Olimpio Liste y Josefina Fernández como reconocimiento a su labor en favor de la recuperación y revalorización del patrimonio etnográfico durante más de cuarenta años, a través del Museo Olimpio Liste de Oseira.

Ligazón a La voz de Galicia

 

Páxinas

Subscribirse a Prensa