Torques de honra Torques de Honra 2017

O día 29 de decembro, nun emotivo acto levado a cabo no restaurante Fuchela, fíxose entrega do noso Galardón do Torques de Honra a Manuel Gallego Jorreto, arquitecto carballiñés e unha das máximas figuras da arquitectura contemporánea. Despois das protocolarias palabras de presentación e introdución, o compañeiro Óscar Gonfer fixo unha emotiva e persoal semblanza da figura de Gallego Jorreto dende a perspectiva do antigo alumno xa convertido nun profesional da arquitectura. O galardoado agradeceu a concesión deste premio como un recoñecemento dunha entidade da súa vila de nacemento, engadindo que ten para el un valor moi especial. O acto rematou coa tradicional cea de Nadal dos membros do Centro de Estudios.

Galería

Para ver a galería de fotos so temos que premer en cada foto e esta ampliarase