Torques de honra Manuel Vázquez, Aurelio Miras Portugal, Felipe Senén López

O día 27 de decembro de 2008, nun emotivo acto, a nosa Presidenta Dª Rosa Ricoy Casas, foi a encargada de facer entrega dos tres primeiros galardóns do Torques de Honra instituídos polo Centro de Estudios Chamoso Lamas, e que la directiva acordara conceder de xeito extraordinario nesta súa primeira edición a tres carballiñeses de recoñecido prestixio: o conselleiro de Medio Ambiente, D. Manuel Vázquez, o deputado autonómico, D. Aurelio Miras Portugal e ó arqueólogo, museólogo e técnio cultural da Deputación da Coruña D. Felipe Senén López Gómez, lembrando que haberá un só beneficiado por ano, pero que nesta primeira ocasión era de xustiza recoñecer os moitos anos de constante axuda e apoio dos tres elexidos que teñen colaborado co noso colectivo ó longo da súa historia “de xeito moi destacado, e aínda o seguen facendo incluso de xeito persoal” aparte de se as súas responsabilidades estean ou non vinculadas co eido patrimonial en concreto.

Galería

Para ver a galería de fotos so temos que premer en cada foto e esta ampliarase