Novas

Novas

Filtro
Info
16 Xaneiro 2015

Publicación do libro "A electrificación do noroeste ourensán"

O Comité de avaliación da Deputación de Ourense encargado da selección de publicacións, acordou incluir o titulado "A electrificación do noroeste ourensán. Un modelo paradigmático de difusión da electricidade en Galicia", do que son autores Francisco Fumega e Xosé Luis Sobrado. O custo da publicación: (500 exemplares) é de 7.280 € que serán asumidos pola Entidade Provincial. Sairá á venda cun custo de 16 €.

Info
16 Xaneiro 2015

Clausura da Exposición "20 anos ollando estas terras"

Hoxe, venres, ás 20,30 horas terá lugar o acto de clausura da Exposición "20 anos ollando estas terras" que o Centro de Estudios Chamoso Lamas vén celebrando na Sala de Exposicións do Auditorio Municipal do Caballiño. Unha exposición visitada por máis de 700 persoas na que se recollen as tendencias pictóricas e escultóricas de máis de trinta artistas da nosa comarca e ó longo de máis de 40 obras. No día de hoxe, xa fóra do período expositivo, foi visitada polos alumnos do Instituto Chamoso Lamas, nun percorrido guiado polo seu profesorado, culminando deste xeito máis dun mes de oferta para os amantes da arte. 

Info
16 Xaneiro 2015

Conferencia na Coruña

No día de hoxe, os membros do Centro de Estudios Chamoso Lamas, Francisco X. Fumega e X. Luis Sobrado, van impartir unha conferencia baixo o título de "O Carballiño, de aldea a vila", na sede da Asociación de Amigos dos Museos de Galicia en Portas Ártabras, na cidade herculina. Nesta conferencia intentarán dar a coñecer as chaves do proceso histórico seguido pola vila carballiñesa dende finais do Medievo ata finais de século XIX ata chegar a se converter nunha puxante vila.

Info
15 Decembro 2014

Cea de Nadal e andaina

O día 27 de decembro, ás 22 horas, os membros do Centro de Estudios, celebraremos a nosa tradicional cea de Nadal. Antes, ás 15 horas, sempre que o tempo o permita, os que esteamos interesados, poderemos saír, ás 15 horas, dende Paredela-Moldes ata á fortaleza de Castro Cabadoso nunha curta andaina para poder contemplar in situ os traballos de limpeza que se están realizando neste importante xacemento baixo a dirección do noso compañeiro Jorge Lamas, que nos acompañará e guiará na mesma.

Info
19 Novembro 2014

Inaugurada a Exposición de Arte

O pasado venres, día 12 de decembro, foi inaugurada a exposición “20 anos ollando estas terras”, do Centro de Estudios Chamoso Lamas. Un total de 25 autores vencellados con esta comarca conforman esta primeira exposición de arte que recolle o facer de distintas disciplinas artísticas ata completar máis de 40 obras. É a primeira vez que se organiza no Carballiño un evento destas características. Para a realizaciónn da mesma cóntase coa colaboración do Concello do Carballiño que cede o local para a exposición.

Pintura e escultura de tódolos estilos e tendencias, percorren unha longa traxectoria histórica con obras que van dende os anos 20 do século pasado ata hoxe. A Sala de Exposicións do Auditorio Municipal do Carballiño, como díciamos, acolle esta mostra que estará aberta ata o día 8 de xaneiro, en horario de 19,30 a 22 horas e de 11 a 13,30 ós domingos.

No acto inaugural máis dun cento de persoas déronse cita, mesturándose autores, familiares e amigos, nun curto pero emotivo acto que permitiu ver as mostras de talento artístico que esta comarca atesoura. Cando remate esta Exposíción, o Centro de Estudios Chamoso Lamas ten prevista a edición dun catálogo da mesma.

RELACIÓN DE ARTISTAS PARTICIPANTES

Abelardo Zeta, Xesús Carballido, Ana Ferreiro, José Moleiro, Ignacio Granero Martín, Xosé Fraiz, Fray Luis de Oseira, Mª José González González, Fernando Blanco Guerra, Felipe Senén López, Antón Vila, Manuel Chamoso Lamas, Xosé Anxo González, Juan Valcárcel, Chicho Carballido, Antonio Caíña, Mariano Ortega, César Taboada, Olalla Soutullo, Felipe Bardelás, Raúl H. Rodríguez, Albert Brull, Olalla Barrosa Pereira, Alexandre Fernández Sobrado, Mingos Teixeira, Freixas Vivó, Paco Folión.

Descargar arquivo
Descargar arquivo
Info
5 Setembro 2014

A andaina nocturna, un éxito

O sábado, día 6, ás 20,45 horas e como acordaramos, xuntámonos no Campo da festa de Madarnás  para poder realizar unha camiñata en horario nocturno e contemplar os petroglifos da zona de Cangues e Madarnás baixo a luz da noite e das lanternas.Como resultado dicir, sinxelamente, un éxito. Sobre 70 persoas démonos cita para tal evento. Despois, dunha saída na que a noite convidaba ó paseo, unha andaina de máis de 2 km levounos ó noso destino onde poidemos ver in situ, baixo as interesantes indicacións de Juanjo e Jorge Lamas e a luz artificial, o legado dos nosos devanceiros inscrito nas rochas. Ó fondo a visión nocturna do Carballiño, a noite cun luar fermoso e un ceo estrelado. Como remate, unhas empanadas, unha bebidas e unha extraordinaria queimada ofertada pola Asociación de Veciños de Madarnás, perfectamente elaborada polo amigo Adolfo Otero e magnificamente escenificada por Eduardo.

Queremos agradecervos a vosa presenza e atención connosco e, en especial, ós máis novs que vemos que son amantes deste tipo de iniciativas. Grazas, tamén, ós veciños de Madarnás que, como sempre, están aí para botar unha man.

A próxima en outubro e por terras de Garabás.

Info
14 Abril 2014

O Centro de Estudos Chamoso Lamas presenta o seu congreso bienal

Desenvolveráse do 16 ao 18 do vindeiro mes de Maio. Nesta novena edición baixo o titulo " O home e o medio: verbo conxugado, pasado, presente e futuro na investigación".

Miguel García, Secretario da asociación destacou que o congreso orientase, cada vez máis, á investigación sobre temáticas do ámbito comarcal.

Asi, nesta novena convocatoria do congreso, presentaránse relatorios como o de Óscar Gonfer sobre "O plan Poché aplicado á Veracruz e demáis espazos públicos". "Sobre novos descubrimentos de vellos xacementos arqueolóxicos" falarán Juan José Álvarez e Jorge Lamas.

Noutro relatorio abordaránse "As referencias medievais á actúal vila do Carballiño", que presentará neste congreso o historiador Xosé Luis Sobrado.

O tamén historiador local Juan Manuel Rodríguez relatará sobre "Conflicto, poder e privilexio: o mosteiro de Oseira no Outono da idade media".

Juan Ignacio García participará no congreso co relatorio "Imaxes, elementos decorativos e simbólicos da comarca do Carballiño". E xa finalmente, en canto a relatorios que tratarán temáticas locais, estará o de Francisco Fumega, sobre "Factores ambientais e construcción do territorio: o caso do val do Arenteiro".

Info
22 Abril 2012

Notas de prensa VIII Congreso o home e o medio

O VIII Congreo Chamoso Lamas versará sobre a crise e a investigación. Varias son a novidades que se presentan na octava edición do congreso bianual Chamoso Lamas de O Carballiño. A primeira de elas ten que ver coas datas, traslada a súa celebración da Semana Santa aos días 16,17 e 18 de maio pola petición de moitos participantes. Varía o lugar e trasládase o Hotel Arenteiro, máis céntrico. Nesta ocación o tema principal do congreso será a situación de crise tanto económica como de valores.

Descargar arquivo
Descargar arquivo
Descargar arquivo
Info
20 Decembro 2009

El centro de estudios Chamoso Lamas honra a los creadores del Museo Liste

La Casa de Cultura de O Carballiño se convirtió en la tarde de ayer en escenario de la entrega de los Torques de Honra Chamoso Lamas, unos premios que el centro de estudios creó el pasado año y que en esta segunda edición recayó en Olimpio Liste y Josefina Fernández como reconocimiento a su labor en favor de la recuperación y revalorización del patrimonio etnográfico durante más de cuarenta años, a través del Museo Olimpio Liste de Oseira.

Ligazón a La voz de Galicia

 

Info
28 Decembro 2008

Tres Carballiñeses galardoasdos pola súa contribución á cultura.

Manuel Vázquez, conselleiro de Medio Ambiente; Aurelio Miras Portugal, parlamentario e Felipe Senén López, museólogo.

Descargar arquivo
Descargar arquivo

Páxinas