Torques de honra Olimpio Liste,Josefina Fernández

O día 19 de decembro de 2009 a Casa de Cultura de O Carballiño converteuse en escenario da entrega da II edicón do Torques de Honra do Centro de Estudios Chamoso Lamas, uns premios que o noso colectivo creou o pasado ano e que, nesta segunda edición, recaeu previa deliberación e proposta dos membros da institución na figura de D. Olimpio Liste e da súa dona Dª Josefina Fernández “como recoñecemento do seu labor en favor da recuperación e posta en valor do patrimonio etnográfico durante más de coarenta amos, a través do Museo Olimpio Liste de Oseira”.

Un recoñecemento que se entrega no ano no que se conmemora o centenario do nacimiento del ilustre historiador e arqueólogo de Moldes que dá nome ó noso colectivo. Este feito foi un motivo más para que o acto cultural se iniciase cun recordatorio da figura de Chamoso Lamas, nuhna das súas vertentes máis descoñecidas, a fun home moi preocupado non só pola conservación, a promoción e a divulgación do patrimonio nacional sino también a nivel comarcal, no Carballiño e O Ribeiro.

A Presidenta, Dª Rosa Ricoy, fixo a entrega do premio ó matrimonio Liste despois dunha extraordinaria loubanza e lembrar a historia dun museo, este de Oseira, aberto dende 1968, aínda que inaugurado oficialmente catro anos despois, que foi ensalzado no seu día por personalidades como Ferro Couselo ou Xaquín Lorenzo, entroutros moitos homes da cultura galega.

Para rematar, D. Olimpio Liste agradeceu moi emocionado o galardón recibido de xeito conjunto coa súa dona, recordando o tempo que dedicaban a ir comprando trebellos por toda Galicia. Tamén asegurou estar en contra dos museos etnográficos, malia a ter dous. Aclaróu, para rematar, que dita oposición estaba no seu desexo de que tódolos materiais recollidos ó longo da súa vida, máis de mil pezas no caso do de Oseira, puidesen estar no seu lugar de orixe..

Galería

Para ver a galería de fotos so temos que premer en cada foto e esta ampliarase