Novas

Novas

Miguel A. García recolle o seu galardón en Madrid.

Hoxe, día 23 de marzo, cadrando co Día Mundial do Medio Ambiente, o noso compañeiro Miguel A. García Pérez, responsable da estación meteorolóxica do IES Chamoso Lamas e da sección de Climatoloxía do Centro de Estudios, recolleu na sede central da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) en Madrid o galardón co que foi recoñecido o seu traballo ó longo de máis de 34 anos á fronte da citada estación.

Presentación do Panel Climático do Carballiño

O Salón de Plenos do Concello do Carballiño serviu de escenario para a presentación do Panel Climático do Carballiño, un traballo de 34 anos de investigación diaria do noso compañeiro Miguel A. García e condensados nun só panel no que tamén colaborou o noso compañeiro Diego Reboredo Prado. A amplísima información que aporta non logra desvelar ningunha novidade salientable sobre o noso clima, en palabras do propio investigador, que engadía que cómpren moitos máis anos para poder aportar conclusións máis exactas sobre o proceso evolutivo do clima.

Miguel A. García Pérez, Premio Nacional de Meteoroloxía

O noso compañeiro e secretario do C. E. Chamoso Lamas, Miguel García, acaba de ser galardoado co Premio Nacional de Meteoroloxía, un merecido premio que vén facer xustiza ó seu traballo diario e desinteresado durante décadas. O acto de entrega terá lugar en Madid o día 23 de marzo deste ano. 

Exposición de Arte

Como xa aconteceu no ano 2015, o Centro de Estudios Chamoso Lamas organiza coa inestimable colaboración de numerosos artistas destas terras do interior de Galicia unha Exposición que baixo o título de "22 anos ollando estas terras. Xentes, espazos e lugares" pretende ser "unha xanela pola que ollar as terras, as xentes e a culura das comarcas do CArballliño e do Ribeiro", tal e como a define o comisario da mesma, Óscar Gónfer.

Presentación do libro Pico Sacro ferido polo lóstrego e a lenda.

O vindeiro día 1 de decembro, venres, ás 20 horas terá lugar a presentación no Carballiño do libro Pico Sacro ferido polo lóstrego e a lenda. O acto no que colabora o Centro de Estudios Chamoso Lamas en colaboración coa AA CC Mestre Manuel García e maila editorial Alvarellos, terá lugar na Casa da Cultura.

A obra é un amplo repertorio de textos literarios, algúns deles inéditos e outros de autores consagrados do mundo literario galego, que fan alusión a este mítico monte que se ergue maxestoso sobre o curso do Ulla e vixiante da veciña Compostela.

Andaina ós Petroglifos de Cangues

Seguindo cos roteiros guiados levados adiante neste ano no que andamos, o Centro de Estudios Chamoso Lamas organiza en colaboración co concello do Carballiño e dentro da programación cultural da Festa do Pulpo, unha andaina nocturna ós petroglifos de Cangues, en Madarnás. Estará guiada polos compañeiros Jorge Lamas, Adolfo Otero e Juanjo Álvarez e partirá do local social de Madarnás ás 22,00 h., estando previsto o encontro para as 21,30 h., deste venres 28 de xullo no campo da festa (detrás da igrexa parroquial).

Rosa Ricoy, Premio á innovación docente da Asociación Española de Ciencia Política

A nosa compañeira do Centro de Estudios Chamoso Lamas, Rosa Mª Ricoy Casas, vén de ser galardoada co Premio á innovación docente da Asociación Española de Ciencia Política como recoñecemento ó seu traballo nun proxecto educativo no que mestura o ameno co científico como xeito de atraer o interés do alumnado e mergullalo no proceso formativo dun xeito distinto pero sen perder o carácter reflexivo e educacional do sistema docente universitario. Rosa Ricoy foi durante catro anos Presidenta do C.E.

A Axencia Estatal de Meteoroloxía publica un traballo de Miguel García e Diego Reboredo

O Calendario Meteorológico de 2017, publicación de referencia da información climátolóxica e meterolóxica de España, publica na súa última edición -saída do prelo hai uns días- un traballo baixo o título de  "El observatorio de O Carballiño (Ourense): tres décadas de estudios meteorológicos y fenológicos" do que son autores os membros do Centro de Estudios Chamoso Lamas, Miguel A. García Pérez e Diego Reboredo Prado.

Páxinas