Novas

Novas

Miguel A. García recolle o seu galardón en Madrid.

Hoxe, día 23 de marzo, cadrando co Día Mundial do Medio Ambiente, o noso compañeiro Miguel A. García Pérez, responsable da estación meteorolóxica do IES Chamoso Lamas e da sección de Climatoloxía do Centro de Estudios, recolleu na sede central da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) en Madrid o galardón co que foi recoñecido o seu traballo ó longo de máis de 34 anos á fronte da citada estación.

Presentación do Panel Climático do Carballiño

O Salón de Plenos do Concello do Carballiño serviu de escenario para a presentación do Panel Climático do Carballiño, un traballo de 34 anos de investigación diaria do noso compañeiro Miguel A. García e condensados nun só panel no que tamén colaborou o noso compañeiro Diego Reboredo Prado. A amplísima información que aporta non logra desvelar ningunha novidade salientable sobre o noso clima, en palabras do propio investigador, que engadía que cómpren moitos máis anos para poder aportar conclusións máis exactas sobre o proceso evolutivo do clima.

Miguel A. García Pérez, Premio Nacional de Meteoroloxía

O noso compañeiro e secretario do C. E. Chamoso Lamas, Miguel García, acaba de ser galardoado co Premio Nacional de Meteoroloxía, un merecido premio que vén facer xustiza ó seu traballo diario e desinteresado durante décadas. O acto de entrega terá lugar en Madid o día 23 de marzo deste ano. 

Presentación do catálogo e clausura da exposición "22 anos ollando estas terras"

O sábado, día 20 de xaneiro, ás 20 horas terá lugar na Sala de Exposicións do Auditorio Manuel María do Carballiño, a presentación do catálogo da Exposición "20 anos ollando estas terras", publicación que recolle a totalidade das obras presentadas na edición anterior. Ó longo de case 100 páxinas, a publicación editada en cor e coas características de edición que require unha obra deste tipo, recolle de xeito individualizado cada unha das obras que no seu día estiveron expostas ó público durante máis dun mes.

Torques de Honra 2017

Podedes ler o discurso lido polo noso compañeiro Óscar Gonfer co gallo da entrega do Torques de Honra 2017 a Manuel Gallego Jorreto no arquivo adxunto.
 

Exposición de Arte

Como xa aconteceu no ano 2015, o Centro de Estudios Chamoso Lamas organiza coa inestimable colaboración de numerosos artistas destas terras do interior de Galicia unha Exposición que baixo o título de "22 anos ollando estas terras. Xentes, espazos e lugares" pretende ser "unha xanela pola que ollar as terras, as xentes e a culura das comarcas do CArballliño e do Ribeiro", tal e como a define o comisario da mesma, Óscar Gónfer.

Presentación do libro Pico Sacro ferido polo lóstrego e a lenda.

O vindeiro día 1 de decembro, venres, ás 20 horas terá lugar a presentación no Carballiño do libro Pico Sacro ferido polo lóstrego e a lenda. O acto no que colabora o Centro de Estudios Chamoso Lamas en colaboración coa AA CC Mestre Manuel García e maila editorial Alvarellos, terá lugar na Casa da Cultura.

A obra é un amplo repertorio de textos literarios, algúns deles inéditos e outros de autores consagrados do mundo literario galego, que fan alusión a este mítico monte que se ergue maxestoso sobre o curso do Ulla e vixiante da veciña Compostela.

Andaina ós Petroglifos de Cangues

Seguindo cos roteiros guiados levados adiante neste ano no que andamos, o Centro de Estudios Chamoso Lamas organiza en colaboración co concello do Carballiño e dentro da programación cultural da Festa do Pulpo, unha andaina nocturna ós petroglifos de Cangues, en Madarnás. Estará guiada polos compañeiros Jorge Lamas, Adolfo Otero e Juanjo Álvarez e partirá do local social de Madarnás ás 22,00 h., estando previsto o encontro para as 21,30 h., deste venres 28 de xullo no campo da festa (detrás da igrexa parroquial).

Páxinas